Facendo unha inmersión no mundo da música

Para cada concerto dos sábados, a OSG nos entrega vinte entradas. As condicións para o seu reparto son: - 1º. As entradas están destinadas ao seu uso exclusivo do alumnado e un acompañante (familiar). En ningún caso as entradas están destinadas a regalar a terceiras persoas. - 2º Os socios que se queden sin entrada, terán preferencia no seguinte concerto. - 3º Aqueles socios que soliciten entradas e non poidan acudir, deberán comunicarllo ao ANPA e así se ofertarán aos que quedaran na lista de espera. - 4º Os socios que non acudan ao concerto e non avisen coa suficiente antelación, perderán a sua prioridade nos 2 concertos seguintes. As entradas se ofertan e solicitan por correo electrónico; en caso de seren concedidas, deben retirarse na conserxería do CMUS, nun sobre co nome do socio solicitante.