Participade como intérpretes a só ou co voso grupo de música de cámara ou conxunto no concerto de música de compositoras do 8 de marzo de 2020! A continuación do concerto teredes a oportunidade de coñecer a compositoras actuáis invitadas á mesa – encontro con elas que terá lugar.
Podes facer a túa inscrición neste enlace.
Contactade canto antes coa ANPA “ MI FA SOL ” para conseguir as partituras :
- Mail: info@anpamifasol.org
- Buzón da ANPA “ MI FA SOL ” no vestíbulo do conservatorio
Por outra banda, atoparedes centos de partituras de compositoras das que facer unha escolla para descargar e interpretar no enlace da Biblioteca IMSLP/Petrucci Music Library:
https://imslp.org/wiki/Category:Female_people
Hai repertorio con instrumentación variada que podedes presentar en versión orixinal ou mesmo realizando arranxos para os vosos instrumentos e formacións instrumentais se gostades.
Tamén podedes participar na elaboración dos programas de man tanto da Mesa – Encontro con compositoras actuáis como do Concerto de Música de Compositoras e o voso traballo visibilizarase na web da ANPA dentro desta “ II Xornada Coeducativa para Familias e Comunidade Escolar: Encontros con compositoras “. Para o primeiro, poderedes contactar directamente vía mail coas compositoras da mesa para que poidan achegarvos unha pequeña biografía a recoller no programa. Para o segundo, poderedes elaborar unha pequena síntese de datos biográficas das compositoras a interpretar no Concerto de Música de Compositoras.
Deste xeito ademáis do principal beneficio que ten para todas/os as/os alumnas/os que estedes en contacto directo con compositoras actuáis no marco da xornada e a súa música, estaríase a cumplir a visibilización do traballo das mulleres compositoras referentes actuáis e ao longo da historia, que como en todas as parcelas do coñecemento, veñen de non telo sido, en relación á produción cultural dos homes, en cumplimento das leis de Igualdade na visibilización de mulleres referentes, que é un dos piares da Coeducación en todos os ámbitos o coñecemento.