Iniciamos a nosa presenza na web intentando achegar a nosa asociación a cada unha das familias que forman este excepcional mundo, que é o Conservatorio Profesional de Música da Coruña (CMUS).
A Asociación de Nais de Pais ocupa sempre o lugar do compromiso e o diálogo, intentando axudar no funcionamento do noso centro e implicar ás familias na mellora da xestión. Esperamos, polo tanto, as achegas de toda a comunidade educativa que serán sempre ben recibidas e axeitadamente canalizadas.