Data da reunión: 12 de febreiro de 2021.
Lugar da reunión: Telemática (a véspera enviarase a ligazón correspondente).
Horario en primeira convocatoria: 19:00 horas.
Horario en segunda convocatoria: 19:30 horas.
Segundo o disposto nos Estatutos da nosa asociación e pola presente, convócase a todos/as os/as socios/as á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, que terá lugar o 12 de febreiro de 2021 telemáticamente, a través da plataforma Jitsi Meet; ás 19:00
horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria.
A ÚNICA ORDE DO DÍA prevista será a seguinte:
1.- Elección, proclamación e incorporación dos novos membros da Xunta Directiva.