Os días 24, 25 e 26 de marzo desenvolverase o habitual curso anual para o departamento de vento metal no conservatorio profesional.
Temos a sorte de contar cos seguintes profesores de primeiro nivel:
- Jordi Ortega López: trompa
- Óscar Vázquez Valiño: trombón
- Manuel Fernández Álvarez: trompeta
- Isaac Rodríguez Cotrofe: tuba
Neste documento podedes atopar máis información sobre o evento, como as condicións de admisión e tamén a biografía do profesorado.