O xoves 20 de xuño as 19.00 horas , terá lugar un concerto no que poderedes desfrutar da zarzuela «A lenda de Montelongo». Participa alumnado de banda, coro e canto e a dirección musical corre a cargo de Nilo García Armas e a dirección escénica é de María José Ladra.
Agardamos a vosa asistencia; a entrada é de balde.